Electrónica básica

Electrónica básica

DESCRIPCIÓN DA UNIDADE: a aparición dos materiais semiconductores permitiu unha progresiva miniaturización dos componentes electrónicos, o que supuxo grandes avances no mundo da tecnoloxía.

TEMPORALIZACIÓN: 4 sesións de 50 minutos a finais de febreiro comezos de marzo.

COMPETENCIAS BÁSICAS: competencia matemática e de aprender a aprender.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS: diferenciar os compoñentes electrónicos básicos e coñecer as aplicacións mais habituais. Recoñecer a importancia dos avances tecnolóxicos na mellora da calidade de vida, tendo en conta o impacto ambiental.

CONTIDOS :

Conceptuais: Características dos aparatos electrónicos. Resistores. Condensadores. Diodos. Transistores.

Procedimentais: recoñecer a estructura dos aparatos electrónicos. Diferenciar e coñecer as aplicacións de resistores, transistores, condensadores e diodos.

Actitudinais: mostrar interese polos avances tecnolóxicos.

ACTIVIDADES

1ªSesión: Explicación introdución da estructura dos aparatos eléctrónicos cunha calculadora como exemplo (25’). Identificar os dispositivos de entrada e saída de diversos aparatos propostos (25’). 2ªSesión: explicación tipo de resistores (20’). Análise dun circuíto (30’). 3ªSesión: Presentación dos tipos de condensadores (15’). Montaxe de condensadores en paralelo (35’). 4ªSesión: explicación exemplificada dos tipos de diodos e circuíto rectificador de media onda (25’). Descrición dun transistor e aplicacións (25’).

RECURSOS: medios audiovisuais, libro de texto,bibliografía específica, elementos eléctrónicos, e ordenadores.

ATENCIÓN A DIVERSIADADE

Actividades de reforzo: exercicios de identificación de resistencias.

Actividades de ampliación: investigar sobre a montaxe de circuítos electrónicos.

AVALIACIÓN:

Criterios: identificar as partes comúns dos aparatos electrónicos. Recoñecer e diferenciar os compoñentes electrónicos mais utilizados. Interpretar circuítos de aplicación.

Procedementos: caderno de traballo , observación directa , entrega de boletíns a través da plataforma virtual e probas obxectivas.

TEMAS TRANSVERSAIS: educación para a saúde, educación para o consumidor e educación ambiental.